Monday 13 de May de 2024

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de xaneiro


Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de xaneiro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Este mes organízase unha excursión a Vigo; obradoiros de cociña, resina de expoxi, confección de tote bags e abelorios; teatro,… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.